Hoxe fai un ano do falecemento do noso compañeiro e amigo Benito.
Pasados 12 meses da súa inesperada ausencia, está todavía está moi presente para as persoas que éramos cercanos a el.
Hoxe queremos que sexa un día para falar de Benito recordando a súa persoa e á súa figura pública, porque foi unha persona que non pasou desapercibida sen pretender ser nunca protagonista.
Benito era o que facía que as cousas sucederan para ben, dende proxectos das Asociaciones de Nais e Pais, ata iniciativas municipais pasando pola Comunidades de Montes, polas ciclomarchas, polo clube de fútbol de Santomé por falar únicamente da súa implicación social.
Tamén tiña un evidente implicación familiar cos seus fillos e a súa muller, e tamén no eido laboral na empresa na que estivo dende ben novo.
Temos tido a sorte e a ocasión de recordalo e añoralo de moitas maneiras concretas ao longo deste ano, pero a Benito, o que lle facía tan importante nos proxectos públicos era a súa personalidade e sutileza. A través da cercanía implicada, da sua capacidade de escoita e de diálogo e esa capacidade que teñen só algunhas persoas de estar presente. Estando presente de verdade cuando lle falabas, conseguía que a implicación do outro fose real e persoa a persoa unía e daba consistencia aos equipos, ás ideas e ás iniciativas ata conseguir unha soa voz atada pola lealdade e aceptación das diferenzas.
Benito ensinounos co seu exemplo a facer equipo, a escoitarnos e a ainda estando en desacordo, ensinarnos a apreciar, a respetar e a colaborar sen necesidade de coincidir.
Benito era ante todo unha boa persoa capaz de unir, e esa capacidade debe ser hoxe posta en valor e recordada máis que nunca. Benito representa o mellor da política, a política da cercanía, a implicación e o respeto mutuo, e por iso ainda non estando xa presente, é un bo espello no que mirarnos calquera de nós.
Un saludo.
Manuel Pazos
(Este foi o texto que o grupo municipal socialista no Concello de Marín leu no Pleno do 9 de novenbro no que se fixo un recordatorio ao concelleiro falecido Benito González Dopazo)