Pontevedra traslada as súas condolencias as vítimas do accidente de Santiago

25 de xullo 2013

Ante o tráxico accidente ferroviario ocurrido onte no Concello de Santiago, Pontevedra quere trasladar as súas condolencias ás vítimas e ás familias dos falecidos en tal desgraciado sinistro, e reiterar a colaboración con todo o dispositivo habilitado.

Como ocurriu onte dende o primeiro momento en que os servizos de emerxencia municipais tiveron coñecemento do sucedido a través do 112, o Concello continúa a disposición  do Concello de Santiago e  de todas as necesidades derivadas deste fatal accidente. Os bombeiros, e toda a equipa de emerxencias  municipais  estiveron en contacto permanente co operativo do lugar para entrar en servizo cando fosen solicitados.

Ante tal tráxico  suceso e en solidariedade con todas as vítimas  o Goberno local acordou  a  suspensión  de todas as actividades de lecer e festivas programadas na cidade: carreira  popular,  tirada  de  fogos  de pirotécnia, verbena, pasarrúas⿦

Tamén acordou a colocación das bandeiras do Concello a media asta e enviouse un telegrama de condolencias e solidariedade ao Concello de Santiago e á Presidencia da Xunta por tal desgraciado sinistro.

Durante a mañá  estanse a facer xestións  por parte do alcalde para porse en contacto cos accidentados  traslados aos centros hospitalarios de Pontevedra, coñecer o seu estado, a súa evolución e satisfacer as demandas que o Concello poida resolver.

A Corporación participará no minuto de silencio convocado pola FEMP en sinal de solidaridade, diante do Concello ás 12.00 horas.