04 de maio 2022

As cousas do miúdo son esas que pasan case desapercibidas, que case non se ven ou pouco se escoitan. Pasan por diante como si non existiran mais son, na súa simplicidade e abundancia, gran parte do substancial da vida. Do "día a día".

As cousas do miúdo están suxeitas a unha grande relativización: o que é fundamental nunha familia, nunha cuadrilla, nun barrio e absolutamente irrelevante no globalizado contexto actual. Pola propia natureza das cousas do miúdo pasan en moitas ocasións de forma irrelevante, case coma si non tiveran acontecido.

 

No fin de semana do 1º de maio no noso barrio aconteceron moitas cousas que – nun mundo globalizado – non parecen ter importancia. Parecen miúdas.

Celebramos as festas "parroquiais"; as festas do San Xosé do Cantodarea. Unhas festas que pola miopía dun "illuminati" e un corifeo de xente miúda privou dun dos actos mais relevantes a celebración dos veciños e veciña do Cantodarea.

 

Celebramos unhas verbenas ESPECTACULARES: con música, con xente, con festa pero - sobre todo, todo - con moitas, moitísimas ganas e ilusión. Recuperamos algunha desas cousas que no mundo global parecen miúdas pero no concreto, na cercanía, son absolutamente relevantes.

Recuperamos o balbordo dos "foguetes" . O barullo abafante do seu ruxir; a continuidade case extenuante da repetición do foguete e dos foguetiños.

 

Contabamos e cantabamos ós nosos conveciños da Mouta, O Inferniño, Mogor, O Campo ... Poio, Combarro... que estabamos aí, de volta, coma as orquestras.

 

Convidamos a todos e todas a estar con nós. Convidados todos e todas a celebrar unha certa volta a normalidade. Foron este ano os foguetes algo relevante: dicían en voz alta por todos nós "estamos eiqui e estamos - case - tan ben como antes".

Para moitos os foguetes son algo irrelevante, molesto, mais para nós – os e as veciñas de Cantodarea e Estribela – foron un berro de primaveiral ilusión. Xa podemos adicarnos outra vez a cousas miúdas: tirar foguetes cando esteamos de festa e, que cada quen pense de que foguetes estamos a falar.

 

Grazas Chicho, grazas Morgan, grazas a todas e todas polas cousas miúdas e, tamén, polos foguetes.