España á cabeza dos europeos máis satisfeitos coa súa vida… non o entendo

15 de decembro 2024

Bebendo a grolos unha botella dun bo viño Riesling alemán fresquiño mentres paseamos poloVenusbergco noso maxín. Pasando as horas e horas, sen veciños a quen molestar, e sobre todo, sen veciños que che molesten.

Estou obrigado a vivir na casa dos meus pais, un apartamento, neste intre a veciña de arriba e os seus fillos garrulos liscaron, pero xa están os pintores na faena e posiblemente é inminente a chegada de novos veciños, pregando que non sexan como os anteriores, xentalla sen educación e que incluso montaran unha pensión ilegal. Sufro de hiperacusia, e non teño cartos para irme a vivir a unha “Villa Pilar” ou o rural para evitar ruidos e taconazos. Neste intre, onde hai unha cultura da cancelación e da prohibición, deberíanse prohibir o uso de tacóns nas vivendas. Vivimos nunha sociedade hipócrita que pretende ser “inclusiva” pero que mostra unha falta absoluta de respecto á hora de xerar unha sociedade máis silenciosa cando hai unha importante porción da poboación que sufre hiperacusia. Cando vivín en Göttingen, en Alemaña, coma estudiante nos meus anos felices, facíano nunha residencia de estudiantes, alí, tanto pola noite como durante o día, nunha escoitei gritos, tan sequera voces, sen golpes, nin taconeos, silencio total, respecto total. Proba vostede instalarse nunha residencia de estudiantes en España, lle garantizo un ambiente “ideal” para imaxinarse estar no propio Parnaso (nótese o sarcasmo).

Eu e máis os meus pais non molestamos a ninguén, pero somos molestados por xente sen educación, nunha sociedade cateta e garrula que cae en picado en canto educación e valores, e en canto cultura. Inventaron uns novos valores e os presentan coma os valores europeos de “toda a vida”, e debido á desmemoria, son asumidos coma tales, como se Europa non puidera existir sen eles cando Europa leva séculos existindo sen eles. Iso en canto ós valores… en canto á cultura, Europa pasou de producir Cultura asumida como tal no resto do continentes (léase a música de Beethoven, Brahms ou Wagner, a literatura de Goethe e Hörderlin) a consumir de xeito desaforado unha pseudo-cultura: ritmos decadentes e pornográficos, novelas baratas de xénero negro, ou novelas pseudo-históricas onde son mesturados templarios, illuminati, masóns, rosacruces nun pasado que nunca existiu seguindo a falaz estela xerada por Dan Brown.

Os poderes establecidos quérenos así: pendentes de satisfacer os máis baixos instintos, coma un mandril, non queren xente culta, que escoite música de Wagner e discuta de filosofía como nesa idílica velada imaxinaria en “Villa Pilar”; a esa xente, senón conta co apoio das redes de clientela, son eliminados por medio da fame e o paro de longa duración, o ostracismo e o ninguneo, cunha crueldade propia dos Einsatzgruppen, pero todo moi “democrático”. Din os últimos estudios que os españois son os europeos máis satisfeitos coa súa vida, non o entendo. Nun país onde ter un traballo digno e unha vivenda é un privilexio duns poucos, como é posible que haxa tanta xente satisfeita coa súa vida?. Iso é debido a quen hai moito mandril contento coa súa ración de futbol e tetas. Tamén pode que estea en relación de que España está á cabeza de consumo de benzodiacepinas (drogas de uso legal de adquisición nas farmacias), coma sempre, España sempre á cabeza en Europa do peor.

Estou preso na miña propia cámara de tortura, isto é un Purgatorio previo ó Purgatorio, a existencia é moi dura en España cando tes hiperacusia, un espírito crítico-faústico, pero non tes cartos para retirarte a túa “Villa Pilar” particular e non tes acceso ás redes de clientela que che podan aportar unha ocupación remunerada. No meu caso, sinxelamente négome a participar nesa pornocracia de redes clientelares, e se por iso teño que morrer de fame ou de frío na rúa, que así sexa. Austria, Austria, por qué non me acolles?... non me queren, levo anos tentando negociar coa embaixada e aprendendo alemán, as miñas petición aumentaron dende cando teño un problema de saúde que se solucionaría cunha sinxela intervención cirúrxica que en España se negan a facerme, tan sequera pola privada, á cal, por outra banda, non teño cartos para pagarlle. Österreich, ich liebe dich!. Non, señores e señoras, non estou satisfeito nin coa miña vida nin co meu país, debo ser un bicho raro por preferir vivir en Austria, con traballo, e respetado que en España sen traballo, non-respetado e rodeado de ruidos... e unha maldita operación que non queren facerme.

Villa PilarXerardo Torrado Agulla