Eva Pena Fandiño e Iria Rodríguez de Jesús xunto a Lucía Viana forman O Galpón Lab, unha asociación sen ánimo de lucro para axudar a artistas emerxentes. A experencia que contan evidencia a tesitura que os artistas están a atravesar durante a pandemia e tamén como o coronavirus fixo reconducir as iniciativas do seu proxecto, xa que arracaron a súa actividade pública unha semana antes de declararse o estado de alarma e iniciarse o confinamento.