O sector sociosanitario está na palestra nos once últimos meses; con todo o pensamento colectivo adoita derivarse ás residencias e resta visibilidade a outras atencións como o servizo de axuda no fogar. Falamos con Elvira Somoza, coordinadora de servizos en Idades. Unha empresa pontevedresa que emprega ao redor de seiscentas persoas e da prestación a dezaoito concellos de Pontevedra, dous na provincia da Coruña e un na de Lugo, o que se traduce, aproximadamente, en máis de mil cincocentos asistidos.