Emoción e espectáculo ao grande na pista e nas bancadas. Cangas e Condes de Albarei Teucro van camiño de converter nun clásico os empates entre ambos nos derbis do balonmán galego na liga Asobal. En La Trastienda analizamos o ocorrido no Gatañal cos técnicos de ambos os conxuntos, Víctor García Borrás "Pillo" e Quique Domínguez.