A concelleira de deportes do Concello de Pontevedra, Anxos Riveiro, visita La Trastienda para falar da situación do deporte pontevedrés. Igualmente fai un repaso das instalacións deportivas e as súas necesidades, dos proxectos de construción e mellora desas instalacións, así como dos próximos retos organizativos de grandes competicións que chegarán á cidade nos próximos anos.