José Luis Míguez 'Luisito', renovado como adestrador do Pontevedra, visita La Trastienda para facer balance da tempada recentemente finalizada e falar de obxectivos para a próxima, na que os granates celebran o seu 75 aniversario e tentarán pelexar polas prazas de play-off. Baixas, renovacións, posibles altas, campos de adestramento, rivais, serán temas a tratar co temperamental técnico de Teo, que afronta o seu terceiro curso no banco dos de Pasarón.