Ante unha nova onda de contagios para Nadal, Portugal adiántase elevando o nivel de alerta e decretando o Estado de Calamidade a partir do 1 de decembro para instaurar novas restricións: uso de máscaras en espazos pechados, certificado dixital obrigatorio para o acceso a restaurantes, e unha semana de contención a principios de xaneiro. Neste contexto A Cafeteira expúxose que fará o Goberno español. Na sección de series falaron de ‘G.E.O. Máis aló do límite’, que conta como é o proceso de selección dos novos membros do Grupo Especial de Operacións. E na de videoxogos, analizaron ' Super Smash Bros'.