O presidente da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, Emilio Silva, lembrou «a importancia que tivo a cultura na Transición, que se foi perdendo co paso dos anos». Silva lembrou aos escritores do exilio e a reaparición en España de figuras como Rafael Alberti e María Zambrano, «que viñan restaurar algo, a recolocar algunhas pezas». E nese sentido na Transición «había un valor de prestixio da cultura brutal e ese valor exercíase a través dos libros». Ou mesmo a través da televisión como no caso de Gloria Fortes, que tiña unha sección nun programa de televisión. «Algo que hoxe sería impensable»