O presidente da Comisión para a Recuperación Social e Económica tras o Covd-19, Patxi López, foi entrevistado en La Cafetera de radiocable.com, onde pediu «vontade de acordar» ás forzas políticas. «O non acordo significa que a xente vivirá peor», explicou. Defendeu López que «a política ten que demostrar nestas circunstancias para que serve». «Se un vén a esta Comisión coa vontade de criticar ao goberno retratarase».