a presidenta da Fundación José Saramago, Pilar do Río, lembrou en La Cafetera de Radiocable o legado do premio Nobel de Literatura. Para quen Saramago «non era un visionario, nin un profeta pero era un observador do mundo» e «é un contemporáneo noso». E, «miraba, intuía, trataba de ver as ansiedades, e os medos, pero tamén a gobernación deste sistema». Para Pilar do Río «non foron 10 anos de ausencia, foron 10 anos onde foi aparecendo». Porque, lembrou, nestes 10 anos apareceron unha serie de libros de José Saramago, como ‘ Claraboya’, «o segundo libro que escribiu a súa vida». Ou ‘O Caderno do ano do Nobel’, «que se nos esqueceu que existía».