Iñigo Gutiérrez ( Maydayterraneo) alertou de “as demenciais condicións de vida” dos campos de refuxiados en Grecia. “Son factorías de tolemia, hai campos nos que cinco letrinas serven para miles de persoas”- indicou en La Cafetera de radiocable.com. Gutiérrez anunciou no programa a noticia de que o barco de rescate da ONG, Aita Mari, recibía a autorización para partir despois de meses sen a mesma.