A exclusiva dos Pandora Papers continúa lanzando distinguidos nomes vinculados a sociedades en paraísos fiscais. Revelacións que forman parte dunha investigación de 12 millóns de documentos, obtidos de 14 despachos dedicados a crear sociedades offshore. Un proxecto coordinado polo Consorcio Internacional de Xornalistas de Investigación, no que participaron máis de 600 xornalistas de 150 medios e case 120 países.
O que máis impactou este luns á cidadanía mundial, foi a caída global de WhatsApp, Facebook e Instagram. O apagamento de máis de seis horas debeuse, segundo informa a compañía, a problemas durante un cambio de configuración dos seus sistemas.
O programa, ademais, conversou, como cada martes, con Juan López Uralde, exdirector de Greenpeace e deputado de Unidas Podemos, sobre os asuntos máis destacados en materia de medio ambiente.