A activista, xornalista e investigadora especialista en migracións e trata de seres humanos, Helena Maleno, foi entrevistada en La Cafetera de radiocable.com. Para Maleno «ao goberno fáltalle valentía» para aproveitar a «oportunidade» de regularizar a todas as persoas migrantes.Unha petición que se recolle na iniciativa ‘Regularización Xa’, «liderada polos compañeiros e compañeiras migrantes en territorios do Estado español que colleron as rendas para visibilizar a súa situación».