Veteris, expertos en rehabilitación de edificios

Pontevedra
10 de agosto 2023

A firma pontevedresa Veteris está especializada en rehabilitación integral de vivendas e construción de vivendas unifamilares, onde a calidade, o cumprimento exhaustivo da normativa e o uso de materiais punteiros no mercado son marcas de identidade desta empresa referente do sector

Veteris é especialista en rehabilitacións co sistema de fachada ventilada Veteris

A firma pontevedresa Veteris está especializada en rehabilitacións integrais e reformas, onde aposta pola innovación e o rigor técnico.

A calidade, o cumprimento exhaustivo da normativa e o uso de materiais punteiros no mercado son marcas de identidade desta empresa que, con nove anos de vida, xa se consolidou como referente do sector.

Os profesionais desta empresa son especialistas en rehabilitacións co sistema de fachada ventilada, unha opción que cobrou auxe polas súas vantaxes nos últimos anos entre as comunidades de propietarios. O xerente de Veteris, Pablo Casalderrey, indica que este sistema "é un excelente illante para as variacións térmicas, supón un aforro no gasto enerxético dos edificios, illa o son, evita que se condense o vapor de auga e é fácil de instalar e de manter".

A este último respecto, subliña que o custo de mantemento é case nulo, xa que se autolimpa coa auga de choiva e que tras a instalación deste sistema, "o edificio cambia totalmente de aspecto, vese máis actual, moderno e, por conseguinte, aumenta substancialmente o seu valor". O aforro enerxético en calefacción e aire acondicionado calcúlase entre un 25 e 40% e é un sistema que diminúe drasticamente a contaminación ambiental.

Veteris é especialista na rehabilitación integral de vivendas e en construción de vivendas unifamilares, está situada no polígono de Villafranca nº19 nave E2 Marcón en Pontevedra.