Un encontro técnico sobre a industria musical completará a presentación de Cabos Soltos

Pontevedra
21 de marzo 2019

A presentación de Cabos Soltos completarase cunhas xornadas técnicas que se celebrarán na Casa da Luz, nas que se analizarán diversos temas relacionados coa produción cultural e que contarán coa participación de numerosos profesionais de recoñecido prestixio

Segunda xornada dos 15 Bolos na Praza do Teucro Diego Torrado

A presentación de Cabos Soltos completarase cunhas xornadas técnicas que se celebrarán na Casa da Luz, nas que se analizarán diversos temas relacionados coa produción cultural e que contarán coa participación de numerosos profesionais de recoñecido prestixio.

Estas conferencias que, segundo a organización, son un de nivel "extraordinario", analizarán cuestións como os dereitos laborais dos artistas, como monetizar o traballo creativo, o cambio irreversible no modelo de negocio musical ou os criterios programáticos que seguen salas e festivais para ofrecer concertos en directo.

A programación destas xornadas técnicas é a seguinte:

 

XOVES 21 DE MARZO

1. A escena musical actual en Pontevedra. 10:30-12:00

Análise da situación da industria na cidade de Pontevedra. Iniciativas, fitos, oportunidades e riscos e desvantaxes.

Moderadora: Marisa Ciordia (xornalista de PontevedraViva)

Relatores: Carlos Crespo (Fugas, La Voz de Galicia), Gonzalo Maceiras (coordinador da Escola Estudo Bonobo e músico) e Anabel Gulías (Concelleira de Promoción Económica e Turismo)

2. Son músico, teño dereitos? O novo Estatuto do Artista. 12:30-14:00

O Estatuto do Artista traerá cambios neste 2019. Así, en avance, a baixada do IVE e o novo tratamento do IRPF foron medidas adoptadas en adianto do que está por chegar. Pero, cal é a situación actual? Que novas medidas caben esperar?

Moderadora: Herminia Martínez (coordinadora de Girando por Salas)

Relatores: Anxela Baltar (Bala), Manuel Alonso (xerente de Músicas ao Vivo), Carmen Zapata (xerente de ASACC-asociación de salas de concertos de Cataluña e portavoz da PLAM-Plataforma Estatal pola música)

3. Onde está o meu diñeiro? O marco económico actual e os novos modelos de monetización 16:30-18:00

A financiación das bandas depende, en gran medida, da capacidade que teñan de xerar ingresos. Como se está a pagar nos festivais ás bandas noveis? É rentable o circuito de salas? Cales son os novos modelos de xeración de ingresos?

Moderador: Juan Rivas (La 10planta, Ourense ICCWeek, Vive Nigrán)

Relatores: Ramón Rey García (Avogado especializado en Dereitos de Autor, Castelao Avogados), Miguel Martorell (director de Altafonte Spain) e Alberto Alfonso (director de Art-Music, FIV Vilalba)

4. The final countdown: morte irreversible do modelo de negocio 18:30-20:00

O negocio musical cambiou. E fixoo tan vertixinosamente nos últimos vinte anos que debemos analizar se a industria está evolucionando ao mesmo ritmo que as novas formas de consumo e as tendencias. Estamos preparados para o futuro inmediato?

Moderadora: Marta Gómez (xornalista, directora de Zigzag diario)

Relatores: Paula Rego (baterista de Agoraphobia), Rafa López (xornalista, Visado-Faro de Vigo) e Raquel Seijo (promotora, Sweet Nocturna)

 

VENRES 22 DE MARZO

1. Das salas aos festivais: criterios programativos e conflitos. 10:30-12.00

As salas foron historicamente o medio natural do nacemento e desenvolvemento das bandas, pero o seu labor cada vez vese máis minguado pola aparición de festivais e as exclusividades que estes esixen aos seus participantes. É posible a harmonía entre ambas realidades?

Moderadora: Marián Fernández (O Cable Inglés)

Relatores: Julio Gómez (investigador, director de Sinsal), Tali Carreto (co-director Monkey Week) e Miguel de la Cierva (programador El Naútico)


2. Está a escena musical preparada para a paridade? 12:30-14:00

Analizará se o punto de partida é o mesmo para todos ou se debe repensar as prácticas actuais e establecer estándares de igualdade de xénero dentro da industria en España.

Moderadora: Arancha Estévez (xornalista especializada en cultura)

Relatores: Almudena Heredero (directora do Primavera Pro), Susana Laya (co-directora Atlantic Fest) e Marcela Sanmartín (programadora e creadora de contidos)

3. Resolución de conflitos contractuais. Cumprimos todos coa lei? 16:00-17:30

Porá sobre a mesa os problemas aos que se enfrontan salas, músicos, festivais e axencias para o cumprimento efectivo das diferentes leis que afectan o desenvolvemento da nosa actividade.

Moderador: Tomi Legido (vogal da AGPXC- Asociación Galega de Profesionais de Xestión cultural, programador sala Mardi Gras)

Relatores: Fran Velo (baixista en Heredeiros da Crus e The Lákazans), Xabier Alonso (director da Asociación Festivais de Galicia) e Patricia Gabeiras (doutora en Dereito da Cultura e socia directora da firma Gabeiras & Asociados)

4. Obradoiro: aprender a facer ruído para berrar menos, pero berrar mellor  18:00-19:30

A intención deste obradoiro é dotar de ferramentas aos artistas para que saiban manexar os recursos que lles permitan acceder aos programadores e aos medios de comunicación.  Dende como preparar unha folla de promo, ata as redes, como enviar un correo electrónico ou como deseñar unha estratexia efectiva para pechar bolos

Impartido por: Ivone Lesan (Booker internacional, Sala Razmatazz)