Tres amigas e un mesmo obxectivo: entrar xuntas na próxima corporación municipal

Pontevedra
21 de maio 2015

A 72 horas de que se celebren as eleccións municipais, as tres mulleres que se presentan como cabeza de lista en Pontevedra uníronse para unha foto simbólica. María Rey (Ciudadanos), María Biempica (Tod@s por Pontevedra) e Pilar Dopazo (Compromiso por Galicia) decidiron pousar xuntas ante a cámara. A súa intención, reivindicar o papel da muller no Concello e a súa necesaria presenza en todos os ámbitos da política

María Biempica, María Rey e Pilar Dopazo, candidatas á Alcaldía en Pontevedra Mónica Patxot

A 72 horas de que se celebren as eleccións municipais, as tres mulleres que se presentan como cabeza de lista en Pontevedra uníronse para unha foto simbólica. María Rey (Ciudadanos), María Biempica (Tod@s por Pontevedra) e Pilar Dopazo (Compromiso por Galicia) decidiron pousar xuntas ante a cámara. A súa intención, reivindicar o papel da muller no Concello e a súa necesaria presenza en todos os ámbitos da política.

"Creo que hemos demostrado tener la capacidad suficiente para ser una alternativa de gobierno", explicou María Biempica, quen sinalou que os pontevedreses "tienen que apostar por ello y darnos la oportunidad de estar en puestos de responsabilidad". Asegura que tanto ela coma as súas dúas compañeiras políticas "estamos preparadas y tenemos muchas ganas de trabajar por la ciudad".

As tres coinciden en que "vamos a luchar para estar ahí" e destacan a súa capacidade de diálogo e consenso e o seu espírito construtivo como as súas grandes bazas, xunto con "moito esforzo e moito traballo". E Biempica, ademais, avisa, "siempre sabemos lo que hay que hacer para lograr nuestros objetivos".

Pola súa banda, María Rey recoñeceu que talvez sexa "utópico" pensar que as tres estarán na próxima corporación municipal, pero ten claro que "si estuviéramos las tres, las cosas iban a cambiar". Sobre todo porque elas aseguran estar afeitas a "sentarnos juntas y no culparnos ni enfrentarnos, sino dialogar" e entende que, niso, "llevamos la delantera" aos seus rivais políticos.

Neste sentido, Pilar Dopazo tamén sinalou que sería "ideal e perfecto" a entrada de Ciudadanos, Tod@s por Pontevedra e Compromiso por Galicia no Concello. "Seríamos tres mulleres defendendo e reivindicando o noso, estando unidas", indicou. Asegura que, por tradición, as mulleres son o "punto de unión" nas casas pontevedresas e elas "esa orde levaríamola ao Concello". Iso si, que ninguén se fíe porque chegan con ganas de "dar caña".