As Festas da Peregrina volverán ser unha das principais referencias das Festas de Verán de Pontevedra. Serán dez días de actividades por toda a cidade, entre os días 10 e 19 de agosto, nos que a música terá un marcado protagonismo.
Porque se hai algo que os pontevedreses desexan saber iso é, sen dúbida, os artistas que actuarán na Boa Vila durante a semana grande das festas. E este ano, unha vez máis, as principais actuacións repartiranse entre a Praza da Ferrería e a Praza de España.
No escenario principal, xunto á casa do concello, actuarán entre outros El Drogas (sábado 10), Delaossa (domingo 11), La la Love you (luns 12), Nil Moliner (mércores 14), Shinova (xoves 15), Óscar Ibáñez e Tribo (venres 16), Fillas de Cassandra (sábado 17) ou Tanxugueiras (domingo 18).
Pola súa banda, na Praza da Ferrería despregarán os seus espectáculos Caamaño & Ameixeiras (mércores 14), a Savoy Club Big Band (xoves 15), Mondra (venres 16), a Banda de Música de Pontevedra + Pelepau (domingo 18) ou Anxo Araújo (luns 19).