Reabrir o asilo, proposta de Vox para ampliar as plazas de residencias

Pontevedra
12 de maio 2023

Para Manuel Torres, candidato de Vox á Alcaldía de Pontevedra, é "inaceptable" que haxa maiores da cidade que teñan que solicitar prazas de residencia fóra do municipio cando existen instalacións dispoñibles para poder dar ese servizo

Edificio onde se atopaba o Asilo de Anciáns en Loureiro Crespo Cristina Saiz

Para Manuel Torres, candidato de Vox á Alcaldía de Pontevedra, é "inaceptable" que haxa maiores da cidade que teñan que solicitar prazas de residencia fóra do municipio cando existen instalacións dispoñibles para poder dar ese servizo.

Por iso é polo que propoña reabrir o antigo asilo de Pontevedra, situado no edificio que a orde das Hermanitas dos Anciáns Desamparados ten en Loureiro Crespo.

O dirixente de Vox considera que  as obras de acondicionamento que necesita este inmoble por requirimento legal son "perfectamente asumibles" polo Concello xa que, na súa opinión, basicamente só se necesitarían obras menores para a mellora da accesibilidade.

"É un investimento, en calquera caso, moito menor que a necesaria para cambiar o uso do centro", asegurou Torres.

O seu programa electoral contempla ademais da recuperación deste centro a posibilidade de poder aproveitar os espazos exteriores do recinto como aula práctica para talleres de traballo en materia de xardinería.