Rafa Domínguez quere potenciar o Santuario das Aparicións, o Nadal e a Semana Santa

Pontevedra
15 de maio 2023

Ante medio cento de hostaleiros e empresarios do sector turístico da cidade, Rafa Domínguez debullou este luns as súas principais medidas para lograr que Pontevedra sexa unha cidade "más atractiva" e consiga atraer un número cada vez maior de turistas

Almorzo de Alfonso Rueda e Rafa Domínguez con hostaleiros da cidade Partido Popular de Pontevedra

Ante medio cento de hostaleiros e empresarios do sector turístico da cidade, Rafa Domínguez debullou este luns as súas principais medidas para lograr que Pontevedra sexa unha cidade "más atractiva" e consiga atraer un número cada vez maior de turistas.

"No entiendo Pontevedra sin que sea el centro turístico de Galicia, en algunos casos superando a Santiago", asegurou Domínguez, que avogou por establecer plans conxuntos con hostaleiros e hostaleiros "para que la gente venga a Pontevedra".

Para iso, o candidato do PP aposta por "aprovechar todas las sinergias que tenemos", co Camiño Portugués como un dos seus principais polos de atracción, especialmente no período invernal "porque en verano ya funciona razonablemente bien".

Así, sostén que Pontevedra debe poñer valor todo o seu patrimonio relixioso que, ao seu xuízo, está "escondido de forma lamentable", xa que asegura que "miles de personas" quedarían na cidade "si conociesen todo lo que tenemos".

Divulgar o atractivo do Santuario das Aparicións, apostar por un Nadal que "no sea tan elocuente como la de Vigo pero mucho más elegante", potenciar a Semana Santa ou poñer en valor o patrimonio histórico e arqueolóxico son algunhas das súas liñas estratéxicas.

Como medidas de apoio ao sector, Domínguez prometeu liñas de axudas á contratación, ao pago dos alugueiros ou á actividade dos autónomos ou un programa para reorganizar ou ampliar as terrazas da hostalería na cidade.

A iso sumou unha redución fiscal en veladores, IBI ou as taxas de lixos e auga, implantar a recollida de lixo porta a porta para retirar os contedores, modificar o Peprica, aprobar unha novo PXOM ou axilizar a concesión de licenzas.

Abrir Raíña Vitoria é outra das súas propostas, ao entender que se trata dun peche que "solo trajo decepción" segundo Rafa Domínguez, que augurou que estes cortes de viais "van a seguir" se o BNG continúa á fronte da Alcaldía de Pontevedra.

No seu encontro con hostaleiros e empresarios do sector turístico, a Rafa Domínguez acompañouno o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que sostivo que hai "muchas razones para el cambio" en Pontevedra.

Rueda asegurou que a cidade está "estancada" e defendeu que "estar anclado" no que se fixo nas últimas décadas "non te hace avanzar". É o PP, dixo, o único partido "en disposición de dar a Pontevedra el cambio que merece".

"No podemos seguir viviendo del pasado y de las cosas que se hicieron. Hay que empezar a pensar en las cosas que se pueden hacer y mirar hacia adelante", subliñou o presidente galego, que pediu "abrir la ciudad" e "corregir los defectos que tenemos".

O peche de Raíña Vitoria, segundo Alfonso Rueda, "es síntoma de muchas cousas", entre elas da "dificultad para llegar, circular y moverse por la ciudad", o que impide que chegue xente "deseando conocer las cosas tan maravillosas que tiene Pontevedra".

A este respecto, Rueda apelou a "no obsesionarnos" co número de turistas que vaian chegar a Galicia, ao entender que os esforzos do sector deben centrarse en primar a calidade.

"Tenemos unas enormes oportunidades para que el turismo de calidad, el turismo que gasta dinero y el turismo sostenible que cuidan los entornos que visitan elija Pontevedra y Galicia como un destino fundamental", sentenciou o titular da Xunta.