Os socialistas apostan por fomentar o emprendemento

Pontevedra
21 de setembro 2016

A candidadata socialista María Pierres mantivo un encontro con axentes sociais, emprendedores e representantes sindicais de Pontevedra

Xuntanza da candidata socialista María Pierres con emprendedores en Pontevedra PSdeG-PSOE

A candidata socialista María Pierres mantivo un encontro durante este mércores con axentes sociais, emprendedores e representantes sindicais de Pontevedra para trasladar a súa proposta de que a administración preste unha maior escoita activa ás iniciativas emprendedoras.

Durante o encontro explicáronse as bases do programa socialista facendo referencia ao fomento da incorporación de ideas e demandas a un mapa de medidas para apoiar o financiamento dos proxectos de emprendemento e nas fases iniciais aos autónomos, potenciar un achegamento e unha maior comunicación entre a administración e os profesionais. Para levar a cabo esta proposta, o PSOE quiere crear programas de inmersión en espazos de traballo e impulsar o acompañamento psicolóxico aos desempregados.

A candidata María Pierres sinalou que é necesario fomentar o emprendemento entre a mocidade, creando seminarios de maduración de ideas e realización de prácticas.

Os socialistas comprométense a fomentar tamén o emprendemento individual e colectivo a través de medidas específicas como as Iniciativas Locais de Emprego ou os viveiros de empresa. Pierres destacou a necesidade de impulsar encontros entre mozos desempregados con emprendedores para que coñezan as súas experiencias e poidan valorar esta fórmula como unha saída de emprego real.

Nesta mesma liña, desde o PSdeG-PSOE queren impulsar o apoio a profesionais en situación de desemprego para valorar a súa experiencia científica, tecnolóxica e empresarial no campo do emprendemento.

Apostan polo apoio con formación para os desempregados de maior idade, con graves deficiencias formativas e de plans de actualización. Tamén inciden na mellora da aprendizaxe do funcionariado público, cunha administración proactiva e comprometida cun servizo de apoio a todas as propostas, en todas as fases.

María Pierres apuntou que todas as medidas de apoio teñen que estar coordinadas e, neste sentido, apuntou que o financiamento non pode ser unha medida allea a un bo asesoramento, e a administración ten que adoptar un papel orientador, que favoreza e traballe polo éxito das iniciativas.

Arquivado en