Os profesionais, críticos cunha probable redución da natación no Mundial de Longa Distancia

Pontevedra
03 de maio 2019

A baixa temperatura da auga e do ambiente que se espera este sábado ás 8:00 horas, momento da saída elite do Mundial de tríatlon de longa distancia, obrigará previsiblemente á ITU a reducir á metade os 3.000 metros de natación prevista. "Yo no le veo sentido", critica Javier Gómez Noya

Rolda de prensa previa ao mundial de tríatlon de longa distancia do ITU Multisport Xan Xiadas

O Campionato do Mundo de Tríatlon de Longa Distancia, a xornada máis esperada e que poñerá o colofón o ITU Multisport de Pontevedra, pode verse lixeiramente condicionada antes de comezar.

A baixa temperatura da auga e ambiente que se espera para as 8:00 horas deste sábado, hora de saída de próbalas elite, non superaría segundo a medicións previas o baremo esixido pola ITU, polo que os xuíces de carreira veríanse obrigados en virtude da normativa para reducir á metade os 3.000 metros de natación previstos no río Lérez.

"Yo no le veo sentido", criticou un dos máximos favoritos ao título como Javier Gómez Noya na rolda de prensa previa ao evento, ao entender que "somos profesionales, o se compite o no. Otra cosa son los grupos de edad", sinalou o cinco veces campión do mundo en modalidade olímpica.

Pola súa banda Pablo Dapena, defensor do título mundial, cre que "en mi caso y en el de Javi nos perjudica totalmente" xa que "estamos regalando 3 minutos a gente que no es nadadora", queixouse.

Da mesma opción mostrouse Saleta Castro, máximo expoñente local na proba feminina ao opinar que a redución "puede producir grandes variaciones" e "se va a formar un grupo muy grande" ao comezo dos case 110 quilómetros de ciclismo da carreira. Despois quedarían tamén os 30 quilómetros de carreira a pé.

A decisión final non se tomará ata as 7:00 horas deste sábado, aínda que todos os deportistas presentes na rolda de prensa deste venres dana xa por segura ao ser moi complicado cumprir os parámetros esixidos co clima actual a esas horas da mañá.