Orgánico, Saudable e Sostible: A fórmula do éxito de Mr Bambú

Pontevedra
09 de agosto 2024
Actualizado: 24 de outubro

Dende a súa tenda no número 7 da rúa Cobián Roffignac, en Pontevedra, en Mr Bambú celebran sete anos de compromiso cun mundo infantil sostible

Interior da tenda Mr Bambú, cos divertidos e moi demandados xogos magnéticos en primeiro plano Mónica Patxot

En Mr Bambú celebran sete anos de compromiso cun mundo infantil sostible. Dende a súa apertura o 1 de maio de 2017 tiveron claro o seu obxectivo: ofrecer os mellores produtos orgánicos, saudables e respectuosos co medio ambiente para os máis pequenos. O lema "Orgánico, Saudable, Sostible" acompaña a Mr Bambú en cada paso desta aventura, e é un valor que se mantén intacto dende o primeiro día.

Entre os produtos máis queridos e orixinais que se poden atopar na tenda do número 7 da rúa Cobián Roffignac, en Pontevedra, destacan as Cestas Benvida Mr Bambú, que xa se converteron nun clásico moi apreciado. Cunha atención personalizada, o equipo de Mr Bambú acompaña ao cliente para que elixa os produtos que desexa incluír na súa cesta para ese agasallo tan especial. Destacar que a práctica cesta, unha caixa pregable de material reciclado con múltiples utilidades, é unha agasallo de Mr Bambú.

Interior de Mr BambúMónica Patxot

Nesta bonita tenda atoparás unha coidada selección de marcas de moda exclusivas para Pontevedra, como Babyclic e Feetje, ambas as coñecidas polo seu algodón orgánico. Este tipo de pezas, extremadamente suaves, son unha opción responsable para o coidado da pel dos máis pequenos da casa. Babyclic ofrece moda española ata os dez anos, mentres que a holandesa Feetje abarca unha franxa de idade de entre cero e 2-3 anos. Ambas marcas con moitos anos de experiencia dedicados á moda infantil sostible.

Ademais de roupa, Mr Bambú ofrece unha gran variedade de produtos prácticos, divertidos e de gran calidade para o día a día como os babeiros case indestrutibles de Close Parent que se lavan unha e outra vez sen perder a súa cor, perfectos para que os máis pequenos non se mollen nin se manchen mentres comen ou xogan.

Mr Bambú, en Cobián Roffignac, 7Mónica Patxot

Lassïg é outra marca de referencia en Mr Bambú polos seus produtos de calidade como a roupa de protección solar: bañadores braga-cueiro, camiseta e gorro a xogo con deseños moi especiais e de actualidade.

Esta firma alemá está comprometida coa produción sostible, por iso utiliza materiais reciclados e veganos nas súas coleccións. Ademais de roupa de protección solar, na tenda podes atopar outros produtos Lassïg como as súas sandalias, tan cómodas e flexibles para os peques. Equipamento de praia que podes completar cos chalecos de flotación e os manguiños.

Roupa de augaMónica Patxot

A alimentación é outro momento importante nas diferentes etapas do bebé e na tenda podes atopar produtos tan variados como as vaixelas de silicona, pratos, vasos e cubertos feitos con materiais seguros e que se adaptan ás necesidades de cada idade.

Outro produto cuxa demanda crece son os auriculares antirruído. En Mr Bambú ofrecen os da marca Banz que se toman moi en serio a protección dos oídos e son ideais para que toda a familia poida gozar con tranquilidade do bulicio das festas, concertos, fogos artificiais ou atraccións de feira.

Vaixela de siliconaMónica Patxot

Sempre atentos ás necesidades das familias, Mr Bambú ofrece como todos os anos a súa "promoción especial para a volta ao cole" que inclúe un 10% de desconto en packs con produtos moi prácticos para a escola como mochilas, friameiras, botellas e termos...

Para esta data tan especial da volta ao cole, en tenda tamén podemos atopar roupa de auga con tecido Oeko-Tex e paraugas antivento cos personaxes infantís máis de moda.

Cestas Benvida Mr BambúMónica Patxot

A gama de xoguetes que nos ofrece Mr Bambú tamén é moi especial como é o caso dos xoguetes de madeira sostible de Plantoys, que conseguiron salvar da queima os bosques de caucho, os bioplásticos e materiais reciclados ou os deseños tan de actualidade como os que ofrece Little Dutch.

Mr Bambú tamén ten presente ás familias numerosas, que presentando o carné obterán un 10% de desconto en todos os artigos (excepto os xa rebaixados), ás ANPAS e aos diferentes grupos escolares con promocións e/ou descontos puntuais.

Detalle das zonas de xogo exclusivas para os nenosMónica Patxot

A maxia de cada produto fusiónase cun espazo acolledor e coidado, onde cada detalle conta. Por iso, en Mr Bambú crearon zonas de xogo exclusivas para que os peques se divirtan mentres os seus pais gozan da compra nunha tenda tan especial.

Despois de sete anos de esforzo e dedicación, podemos afirmar que Mr Bambú é un referente en produtos orgánicos, saudables e sostibles para os peques en Pontevedra.

Convidámoste a ser parte da historia de Mr Bambú!