Marea Pontevedra suma medio centenar de apoios cívicos

Pontevedra
21 de maio 2015

Subscriben a súa adhesión o director da RAG e os escritores Marilar Aleixandre, Iolanda Zúñiga, Antón Dobao e Luís García Montero

Lectura do manifesto de Marea Pontevedra Daniel Santomé

Marea Pontevedra sumou a adhesión de 51 persoas, entre profesionais e personalidades recoñecidas, ademais de representantes de colectivos sociais e veciñais.

O manifesto de Marea Pontevedra, co lema 'A forza da marea do cambio', recorda a orixe desta formación como resultado de "un proceso de acumulación de forzas" formado por persoas "sen adscrición partidaria", xunto con militantes de partidos "rupturistas" e representantes de plataformas veciñais, cívicos e sociais.

Entre os representantes destes colectivos encóntranse Eladio Torres, da Plataforma en Defensa da Praza dos Praceres; Xaime Acuña e Xosé Lois Vidal Laíño, en calidade de voceiros veciñais; o historiador Xosé Fortes Bouzán; os arquitectos César Portela e Celestino García Braña; o director de cine Mario Iglesias; os editores Xosé Enrique Acuña e Afonso Ribas; e Antonio de la Peña, arqueólogo do Museo de Pontevedra.

Ademáis, suscribiran o seu apoio a Marea Pontevedra o director da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; os escritores Marilar Aleixandre, Iolanda Zúñiga, Antón Dobao e Luís García Montero; xunto cos políticos Ada Colau e Laia Ortiz, de Barcelona Comú, e Yolanda Díaz, Lidia Senda e Antón Sánchez de Alternativa Galega de Esquerdas, entre outros.