Marea Pontevedra dedica o sábado a varrer os PTV da cidade

Pontevedra
09 de maio 2015

Esta xornada do sábado a candidatura da Marea Pontevedra dedicouse a varrer a cidade dos PTV. Baixo estas siglas agochanse o que eles chaman Políticos de Toda a Vida

Marea Pontevedra "varrendo aos PTV" Mónica Patxot

Esta xornada do sábado a candidatura da Marea Pontevedra dedicouse a "varrer a cidade dos PTV". Baixo estas siglas agochanse o que eles chaman Políticos de Toda a Vida.

Marea Pontevedra que se define a se mesma coma unha cooperativa democrática cidadá radical foi fundada co propósito de presentar unha candidatura de "unidade popular" ás eleccións para "renovar" o concello de Pontevedra en maio de 2015.

Esta formación entende que este cambio se concreta "en políticas sociais, ambientais e de participación e transparencia en favor da ampla maioría".

O seu candidato a alcaldía, Luis Rei, ten declarado que "asistimos a un novo tempo político" que nos fala dunha maior participación cidadá e dun novo xeito de entender a xestión pública, fronte aos que consideran PTVs.