Malkeda pon o peche musical á primeira xornada do ITU Multisport

Pontevedra
28 de abril 2019

Tras unha intensa xornada deportiva, a música da banda pontevedresa Malkeda animou a noite do primeiro día do ITU Multisport. Foi cun concerto que, a partir das dez da noite, ofreceron na Praza de España ante centos de asistentes

Concerto de Malkeda no ITU Multisport Festival de Pontevedra Xan Xiadas

Tras unha intensa xornada deportiva, a música da banda pontevedresa Malkeda animou a noite do primeiro día do ITU Multisport.

Foi cun concerto que, a partir das dez da noite, ofreceron na Praza de España ante centos de asistentes.

O rock duro 'made in Pontevedra' fixo as delicias do público, entre os que se atopaban moitos do seu paisanos pero tamén unha nutrida representación das persoas que visitan a cidade para acompañar aos participantes na competición.

Malkeda, no seu concerto, repasou os grandes éxitos da súa carreira musical, especialmente os incluídos no seu último disco, Cumulonimbo

A música continuará este domingo, esta vez no Recinto Feiral ás nove da noite, coa actuación da Orquestra Panorama.