Jacobo Moreira: "Llegamos al 24-M con los deberes hechos y la satisfacción del deber cumplido"

Pontevedra
22 de maio 2015

A menos de 48 horas de que os pontevedreses escollamos o próximo alcalde da cidade, os partidos comezan a facer balance da campaña electoral. O primeiro en facelo foi o candidato do Partido Popular, Jacobo Moreira, que asegurou que os populares chegan ao 24 de maio "con los deberes hechos y con la satisfacción del deber cumplido", grazas ao traballo realizado máis alá destes últimos quince días

Encontro de Jacobo Moreira con asociacións e colectivos da cidade Cristina Saiz

A menos de 48 horas de que os pontevedreses escollamos o próximo alcalde da cidade, os partidos comezan a facer balance da campaña electoral. O primeiro en facelo foi o candidato do Partido Popular, Jacobo Moreira, que asegurou que os populares chegan ao 24 de maio "con los deberes hechos y con la satisfacción del deber cumplido", grazas ao traballo realizado máis alá destes últimos quince días.

A súa foi, dixo, unha campaña "pegada a los vecinos". O PP, segundo Moreira, foi percorrendo "barrio a barrio, parroquia a parroquia y sector a sector", para transmitirlle as súas propostas de futuro para a cidade. Un programa electoral con 15 motivos "para darle la vuelta" a Pontevedra e que foi redactado "a partir de lo que nos trasladaron los vecinos" nas reunións previas que mantiveron coa candidatura.

En todos estes encontros coa cidadanía, o Partido Popular asegura ter percibido unha "buena acogida" ao seu proxecto e, sobre todo, unha "insatisfacción" co actual goberno municipal. "Percibimos ganas de cambio porque no quieren que siga un alcalde nacionalista durante más de dieciséis años", indicou Moreira.

A partir de agora, dixo, os pontevedreses "tienen la palabra". Iso si, espera que teña a confianza maioritaria dos cidadáns para recuperar a Alcaldía da capital da provincia para o Partido Popular.

ACTO SECTORIAL CO RURAL

Ademais, Jacobo Moreira celebrou este venres o seu último acto sectorial reunindo representantes das parroquias do rural. A eles aseguroulles que poñerán fin á "discriminación" cara a eles con respecto á zona urbana e lles adiantou que dotará de saneamento e abastecemento a todos os núcleos e implantará un transporte metropolitano que teña unha frecuencia horaria non superior a sesenta minutos.

O PP propón achegar "firmemente" polo patrimonio natural de cada parroquia, a recuperación de edificios públicos singulares e históricos para o uso colectivo das asociacións e colectivos do rural ou mellorar a iluminación en pistas e camiños de tránsito habitual e a limpeza nas cunetas das vías municipais.