Gómez Besteiro inicia xunto a Pedro Sánchez "a semana da remontada do PSdeG-PSOE"

Pontevedra
10 de febreiro 2024

O candidato socialista á presidencia da Xunta estivo apoiado no mitin ofrecido en Vigo polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez; a cabeza de lista pola provincia, Elena Espinosa e o alcalde da cidade, Abel Caballero

Pedro Sánchez arroupa a José Ramón Gómez Besteiro en Vigo PSdeG-PSOE

Encarando os seis últimos días de campaña, o candidato socialista á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, defendeu nun mitin ofrecido no auditorio Mar de Vigo que "comeza a semana da remontada do PSdeG que representa o cambio seguro, sen estridencias". Un acto público no que contou coa presenza do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e tamén coas intervencións do alcalde da cidade, Abel Caballero e a cabeza de lista do PSdeG por esta provincia, Elena Espinosa.

Besteiro avogou por unha Galicia "forte, moderna e sen complexos, conectada con España e Europa" fronte ao PP "que busca unha Galicia illada, sen conexión, na que nada prospera e fronte a outras opcións que queren outra cousa que deben dicir claramente". Engadía que aos socialistas "preocúpanos a Lei de Dependiencia, non a independencia" porque "non temos que ocultar o que realmente somos".

Reivindicou ademais unha Galicia "imparable que supere a parálise dos quince anos de goberno do PP, para reactivar o emprego de calidade e a industria, garantindo máis prosperidade e que blinde os servizos públicos". Unha Galicia "que non obrigue aos mozos a mozas a emigrar", engadía sinalando que nestes quince anos ata 140.000 galegos e galegas tiveron que marchar en busca de traballo.

Cuestionou o intento por parte do PP de frear desde a capital española a liña de AVE Lisboa-O Porto-Vigo para priorizar a liña a Madrid e mentres, "o candidato do PP permanecía calado igual que estivo durante o mes que tardou en baixar ás praias na crise dos pélets". Por eso pediu o voto do 18F para o PSdeG a fin de que "haxa un cambio real en Galicia e frear os malos tratos, a falta de impulso e o torpedeo constante do PP a Vigo e á provincia de Pontevedra; os que menos apoio reciben da Xunta".

PEDRO SÁNCHEZ

Durante a súa intervención, o secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, falaba de "espantada del PP y de Rueda de los debates electorales" - en referencia ao desta semana en RTVE -, e que atribuíu a unha "total ausencia de argumentos y de proyecto político para Galicia" además "duna falta de respeto a los gallegos y las gallegas".

O presidente do Goberno tamén pediu un apoio masivo a Gómez Besteiro "para que haya hilo directo Moncloa - Xunta, que supondrá ponerle la directa a Galicia en los próximos cuatro años". Un respaldo en masa, recalcaba, para que terminen quince anos "de pérdida de oportunidades" e nos que Feijóo "lo único que hizo fue triplicar la deuda pública en Galicia" e marchar a Madrid para "en dos años abrir las puertas a gobiernos de coalición reaccionarios con Abascal".

Arquivado en