Urbana Monte Porreiro volverá ser unha das grandes apostas das Festas de Verán de Pontevedra. Ofrecerá dous días de concertos con grandes referentes da música urbana nacional e galega. A súa nova edición celebrarase os días 6 e 7 de agosto.
As catro actuacións que integran a programación deste ano comezarán ás nove da noite no Miradoiro de Monte Porreiro. A entrada para todas elas é gratuíta.
A primeira das dúas citas será o martes 6 de agosto con Xavibo e Soulmacklein.
Xavibo é un artista mallorquino que tras un breve paso pola poesía e o relato curto, penetrouse no mundo da música. Ten tres discos editados, o último deles Papel de burbujas (2023).
Caracterízase por ritmos de hip hop cun estilo propio e introspectivo, letras escritas por persoas para persoas, a través das cales plasma os seus sentimentos e emocións.
O pontevedrés Soulmacklein, pola súa banda, formou parte do grupo Delahoja e tras iniciar a súa carreira en solitario apostou por un estilo musical cheo de ritmos reggae e dancehall, sen deixar de lado a crítica social que caracterizaba á banda.
Corazón de hielo y No hay Love, nas que colaborou con Rhygin Shabani, son os seus temas máis recentes, cos que segue labrando unha sólida carreira na escena urbana.
O mércores 7 de agosto, pola súa banda, Urbana Monte Porreiro ofrecerá os concertos de Foyone e Vértebras.
Foyone é un rapero que empezou no 2011 cos icónicos Rap Sen Corte, saga coa que rapidamente conseguiu o recoñecemento do mundo do hip hop.
Desde entón editou oito discos de estudo, o máis recente Demoni (2024), no que desafía ás convencións e redefine a escena do rap.
Vértebras é un dúo vigués formado dúas mulleres de diferentes raíces pero coa mesma paixón pola música, Ika Subversiva e Amari.
O estilo no que se define a banda é o música rap, onde se busca dar voz ás súas vivencias persoais así como usar a música para dar voz á crítica social e a quen non ten voz.