Espazo Común propón habilitar unha liña telefónica municipal con ata doce horas continuas de atención ao cidadán

Pontevedra
26 de maio 2023

A proposta da formación política, bautizada como 'Concello de Pontevedra, dígame',  supoñería mellorar a central municipal de tal forma que garanta a resposta telefónica a todos os veciños en horario de 8.00 a 20.00 horas

Presentación da candidatura de Espazo Común por Pontevedra Cristina Saiz

Prestar unha atención e resposta ao cidadán o máis próxima e inmediata posible é o obxectivo da última proposta electoral de Espazo Común Pontevedra.

A formación encabezada por María Rey propón habilitar unha canle de atención directa con ata doce horas de atención continuada.

Á súa iniciativa bautizárona como 'Concello de Pontevedra, dígame', e supoñería a mellora da central municipal de tal forma que garanta a resposta telefónica a todos os veciños e veciñas en horario de 8.00 a 20.00 horas.

Desta forma habilitaríase un teléfono de atención ao cidadán que sempre estaría activo, seguindo as recomendacións da asociación de consumidores Facua.

Doutra banda, para que a resposta ás demandas cidadás sexa completa, Espazo Común propón garantir os prazos de resposta e notificación dos trámites administrativos, incluíndo as licenzas de apertura. Para levalo a cabo sería necesaria a apertura do rexistro municipal tamén en horario de tarde para que os veciños e empresas poidan realizar os seus trámites independentemente do seu horario laboral ou das súas necesidades de conciliación.