Compromiso por Galicia propón destinar a zona verde o aparcadoiro de Pasarón e crear outro máis amplo

Pontevedra
21 de maio 2015

O novo aparcadoiro situaríase entre a rúa Leonardo Enríquez e a avenida de Compostela. Os propietarios destes terreos sen aproveitamento urbanístico, segundo este partido, teñen intención de vendelos e poderían adquirirse a un bo prezo

Proposta de Compromiso por Galicia para crear unha zona verde no aparcadoiro de Pasarón Compromiso por Galicia

Compromiso por Galiciapropón levar a cabo a creación dun aparcadoiro, que duplique a capacidade do actual en Pasarón, ao outro lado do estadio. Con esta alternativa o espazo no que actualmente se estacionan os vehículos quedaría como unha gran praza verde para os veciños do ámbito do Burgo.

A candidata Pili Dopazo entende que este espazo privilexiado situado na zona da fachada principal de Pasarón na avenida da Coruña como aparcadoiro tal e como pretende o actual alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. Dende Compromiso por Galicia consideran que esta zona verde cubriría unha demanda actual dos veciños do Burgo.

O novo aparcadoiro situaríase entre a rúa Leonardo Enríquez e a avenida de Compostela. Os propietarios destes terreos sen aproveitamento urbanístico, segundo este partido, teñen intención de vendelos e poderían adquirirse a un bo prezo. Con este traslado, a superficie de aparcadoiro duplicaríase pasando dos 1.800 metros cadrados da zona da Avenida da Coruña a case 4.000 metros cadrados neste novo espazo. Ademais, segundo esta formación, o investimento da compra compensaríase no abaratamento do proxecto da zona verde fronte aos custosos pavimentos para o aparcadoiro.