Claxxon anima a xornada de descanso dos Mundiais de tríatlon

Pontevedra
02 de maio 2019

Non houbo actividade deportiva pero a programación de actividades do ITU Multisport non se detén. Un concerto da banda Claxxon animou a noite deste mércores a Praza de España, aproveitando que a xornada de descanso da competición

Concerto de Claxxon na Praza de España Xan Xiadas

Non houbo actividade deportiva pero a programación de actividades do ITU Multisport non se detén. Un concerto da banda Claxxon animou a noite deste mércores a Praza de España, aproveitando que a xornada de descanso da competición.

As súas versións de cancións de pop rock desde os anos 70 ata a actualidade, todas elas con personalidade propia, soaron no escenario do tríatlon. O grupo pontevedrés ofreceu así unha montaxe espectacular de iluminación e son que fixo as delicias do público.

En paralelo ás probas deportivas, a música regresará á Praza de España este xoves, ás nove da noite, coa actuación de Baiuca.

Trátase dun proxecto moi persoal do músico Alejandro Guillán que tenta achegar a tradición galega á vangarda e á música electrónica.