Candidatos na Internet: Luis Rei

Pontevedra
20 de maio 2015

Día tras día van quedando menos candidaturas das que analizar a súa presenza na rede. Polos azares do destino, hoxe tócalle a quenda a Marea Pontevedra con Luis Rei como número un da candidatura 

Luis Rei, candidato de Marea Pontevedra Mónica Patxot

A conta atrás para as eleccións segue en marcha. Dia tras día van quedando menos candidaturas das que analizar a súa presenza na rede. Polos azares do destino, hoxe lle toca o turno a Marea Pontevedra con Luis Rei  como número un da candidatura.

A Cooperativa Democráctica Cidadá Radical, como se definen eles mesmos no seu sitio web, dirixe a súa presenza hacia as redes sociais, un medio no que se moven como pez na auga. Debido a isto, atopámonos cunha páxina principal da candidatura bastante simple, sen métodos de contacto, con erros de maquetación (os textos centrados son o inimigo dos sitios web) e con moi poco contido.

En cuestións de accesibilidade, o sitio web cumpre a normativa da W3C casi á perfección, tendo únicamente 7 erros de accesibilidade. Da mesma maneira, o deseño do sitio vese de maneira correcta en tódolos navegadores probados, así como en dispositivos móbiles. Nembargantes, hai que dicir que o deseño da páxina é demasiado simple, con moito espazo en branco en con certas seccións que parecen estar en construcción. Un exemplo claro é a maneira de acceder ao programa político: unha ligazón con moi poco protagonismo na metade da páxina adicada ao propio programa.

Como comentamos a páxina web de Marea Pontevedra carece de contido. Pese a que podemos atopar o programa de maneira sinxela, seccións como a do código ético ou a do modelo de cidade non serven para o seu cometido, limitándose a textos moi simples (algúns con moi pouco sentido) que conseguen empeorar a imaxe da candidatura de cara aos seus posibles votantes.  Unha maquetación correcta e uns textos mais traballados completarían un traballo que parece deixado a medias.

REDES SOCIAIS

Ao comezo da análise comentamos que Marea Pontevedra movíase moi ben nas redes sociais. E asi é. A Cooperativa Cidadá ten pouca presencia, pero esta é interesante. Por un lado teñen dous usuarios de Twitter: un para a candidatura e outro para o candidato. A presenza complétase coa páxina de Facebook da Cooperativa, que é a representante na rede social de Zuckerberg.

Falando do contido das dúas redes volvemos a topar esa duplicidade de contido que satura que atopamos na maioría de partidos políticos. Nembargantes, Marea Pontevedra modifica o contido o suficiente para non causar este efecto, engandindo textos máis explicativos en Facebook con respecto a Twitter. Os contidos publicados na súa páxina de Facebook son moi adecuados, xa que siguen as tendencias actuais para chamar a atención do usuario, sobre todo á hora de compartir contido externo e a publicación doutro tipo de contidos como eventos e vídeos específicos para a páxina.

No canto de Twitter, a estratexia é desigual. Non é de recibo que o candidato, Luis Rei, creara un perfil propio e só publicara 28 mensaxes sendo a última o 7 de maio. Se o candidato non ía promulgarse con mensaxes, o mellor era obviar esa conta e centrarse únicamente na da candidatura. A mala imaxe dada pola conta do candidato, mellórase coa propia de Mara Pontevedra. Malia a xa nomeada duplicidade de contido, a comunicación realizada a través de @MareaPontevedra é moi efectiva grazas aos textos con linguaxe directa, a utilización de hashtags propios como #VarrePTV e a utilización de contido que mezcla o offline co online como o “metrominuto do franquismo”.

Non todo van ser piropos na súa presenza en redes: a interacción co usuario é nula, tanto en Facebook como en Twitter. Este é un mal uso que se repite en tódolos partidos, pero que volvemos a insistir en que non debería ser así, xa que o obxectivo das redes sociais e o de comunicar e ter contacto directo cos usuarios. Se non o fas, perde todo o sentido.

En definitiva, a presencia na rede de Marea Pontevedra é suficiente, pero nada máis. A súa dudosa páxina web e as malas prácticas en redes sociais (sobre todo por parte do candidato en Twitter), fan que a súa nota non sexa mais alta. Se estuveran no colexio, o seu boletín de notas levaría un “necesita mellorar” case seguro.