Aida García e María Fernández repiten podio nos grupos do idade do Mundial de tríatlon cros

Pontevedra
30 de abril 2019

Ambas as dúas deportistas compartiron podio na competición de dúatlon e sumaron este martes a súa segunda medalla no ITU Multisport nunha xornada marcada polo bo ambiente na contorna do río Lérez e da Illa das Esculturas, onde se centrou a competición

Competición de grupos de idade do Mundial de tríatlon cros en Pontevedra Xan Xiadas

Sol, boa temperatura e a emoción de todo un campionato do Mundo. Con eses ingredientes e unha boa cantidade de público a xornada do ITU Multisport non podía saír mal.

Centrada este vez na contorna do río Lérez e a Illa das Esculturas, tocáballe a quenda ao Mundial de Tríatlon Cros, no que tomaban parte un total de 541 deportistas, 372 deles nas categorías de grupos de idade que pecharon a xornada tras carreiras júnior e elite e tamén as de  paratriatlón.

Precisamente nesta modalidade o paratríatlon, chegaron varias medallas para a delegación española, grazas a Josefina Guimarey,  Kini Carrasco, Ricardo Marín, Rafa Solís e José Antonio Abril.

Tras os elite ían pasando os diferentes competidores dos grupos de idade, deixando imaxes de esforzo e superación desde o sector de natación, que algúns superaron con problemas. Pero por encima de todo estaba gozar do Mundial, participar e conseguir completar o percorrido.

Deportistas de multitude de países e case todas as idades foron protagonistas dun día que de novo contou con acento local da man de deportistas da comarca.

Duás delas volveron subir ao podio, tras facelo o sábado na modalidade de dúatlon. Trátase de Aida García, triatleta do Club Ciclismo Tríatlon Poio, e da grovense María Fernández Lores, que compartiron categoría de grupo de idade (45-49).

Aida, que xa gañara con autoridade na primeira xornada do ITU Multirport, colgou outra vez o ouro cun tempo de 2:22:39, superando a María Fernández (2:30:34), esta vez prata superando o seu terceiro posto no dúatlon.

Consulta aquí os resultados completos do Campionato do Mundo de Tríatlon Cros do ITU Multisport de Pontevedra.