A Orquestra Panorama, Mercedes Peón e Dr Queen actuarán en Pontevedra con motivo do ITU Multisport

Pontevedra
27 de marzo 2019

Coincidindo coa celebración do ITU Multisport que se celebra en Pontevedra do día 26 de abril ao 4 de maio, a cidade do Lérez acollerá sete espectáculos musicais para acompañar esta festa do deporte que se realizarán na Avenida de Montero Ríos e no Recinto Feiral

Fin de festa do Mundial de Duatlón de Pontevedra coa Orquestra Panorama Diego Torrado

Coincidindo coa celebración do ITU Multisport que se celebra en Pontevedra do día 26 de abril ao 4 de maio, a cidade do Lérez acollerá sete espectáculos musicais para acompañar esta festa do deporte que se realizará na Avenida de Montero Ríos e no Recinto Feiral.

O venres 26 a partir das 18:00 horas celebrarase a cerimonia inaugural onde todos os deportistas dos países participantes no dúatlon do día seguinte, realizarán un desfile acompañados de música tradicional galega desde a Praza da Ferrería ata a Praza de España. Durante esta cerimonia intervirá Pablo Méndez Performances e, a continuación, a agrupación folclórica Os de Algures e o Ballet Rías Baixas.

Na Avenida de Montero Ríos realizarase a montaxe para as acreditacións dos deportistas, a feira do deportista e algunhas das actividades culturais e festivas que se van a realizar. "O obxectivo é a diversión e mostrar a nosa cidade dende a perspectiva máis cultural", asegurou Anxos Riveiro, concelleira de deportes, na rolda de prensa realizada durante a mañá do mércores.

As actuacións musicais comezan o sábado 27 na Praza de España ás 22:30 horas con Malkeda, grupo pontevedrés de rock.

Ao día seguinte, domingo 28, chega un dos pratos fortes da celebración. Coincidindo coa entrega de medallas da competición de dúatlon, a Orquestra Panorama trae o seu gran espectáculo visual e musical ao Recinto Feiral ás 21:00 horas.

O martes 30, día do tríatlon cros, Mercedes Peón, considerada unha das voces máis importantes de Galicia actualmente, actuará na Praza de España ás 22:00 horas.

No mesmo lugar ao día seguinte, 1 de maio, o Grupo Claxxon renderá tributo ao pop e rock dos anos 80 e 90 ás 21:00 horas.

Pola súa banda, o 2 de maio, DJ Baiuca trae unha mestura de son electrónico coa música máis tradicional ás 21:00 horas na Praza de España.

Con motivo da festa de clausura que se celebra o 4 de maio, e coincidindo co día do campionato do mundo de tríatlon de longa distancia, Dr Queen, banda tributo ao mítico grupo liderado por Freddy Mercury, pechará esta semana enche de deporte, cultura e música ás 22:30 na Praza de España.