A despedida da mellor tenista galega da historia

Pontevedra
31 de decembro 2017

A pontevedresa Lourdes Domínguez Lino, aos seus 35 anos, anunciou en novembro a súa retirada do tenis profesional tras case 20 anos de carreira no circuíto internacional e 1.000 partidos ás súas costas. Fíxoo nunha emotiva rolda de prensa na que repasou algúns dos mellores momentos dunha traxectoria que a levou a ser a 40 mellor tenista do ránking mundial

Lourdes Domínguez anuncia a súa retirada do tenis profesional Mónica Patxot

Na historia do tenis galego e pontevedrés quedará reflectido o 2016 como o ano da retirada de Lourdes Domínguez Lino.

A pontevedresa, aos seus 35 anos, puxo fin a unha carreira de case 20 anos e 1.000 partidos no circuíto internacional que a levou nada menos que a ser a número 40 do ránking mundial.

Dous torneos WTA e outros 17 ITF, ademais dun Rolland Garros Junior, adornan as vitrinas dunha deportista que se despediu en novembro cunha emotiva rolda de prensa rodeada de amigos e familiares e nunha das súas casas, o Club de Tenis de Pontevedra, ao que chegou no seu momento tras dar os seus primeiros pasos no Liceo Casino.

Lourdes asegurou que non había un motivo concreto para poñer fin á súa carreira pero con "las nuevas generaciones pisando fuerte", e nunha tempada na que se afastou do Top-100 Mundial, seguir sendo competitiva resultaba cada máz máis complicado.

Orgullosa de todo o conseguido e tras un tempo para "descansar, estar en casa con la familia y amigos, porque ha sido mucho tiempo, muchos años fuera", toca pensar en novos retos, quizais traballando para que o tenis galego avance e gañe peso no territorio nacional, un labor que "me gustaría", recoñeceu na súa despedida.

No Club de Tenis, amigos e familiares quixeron renderlle unha merecida homenaxe cun vídeo no que se repasan algúns dos mellores momentos da súa carreira deportiva, a da mellor tenista galega da historia.