28M | A Pontevedra que propoñen: turismo

Pontevedra
23 de maio 2023

Posicionar ás cidades en materia turística é cada vez máis complicado. A feroz competencia  para atraer visitantes obriga a establecer unha traballada estratexia para diferenciarse. Que propoñen os partidos que se presentan ás municipais nesta cuestión?

Turistas mirando un mapa na cidade Mónica Patxot

Posicionar ás cidades en materia turística é cada vez máis complicado. A feroz competencia  para atraer visitantes obriga a establecer unha traballada estratexiapara diferenciarse. Que propoñen os partidos que se presentan ás municipais nesta cuestión?

En que debe especializarse Pontevedra para seguir sendo unha referencia dentro das Rías Baixas? Hai marxe para buscar novos nichos de mercado? Existen recursos na cidade que aínda non foron convenientemente aproveitados? As respostas, a continuación.

 

BNG

  • Traballar nunha estratexia turística diferenciada para Pontevedra, na que debemos incluír todos aqueles recursos propios que caracterizan o Concello: o casco histórico e as súas prazas, o patrimonio histórico e natural, a gastronomía, o Camiño Portugués, o Museo de Pontevedra, a situación xeográfica ou a climatoloxía.
  • Potenciar o Camiño de Santiago portugués, mellorando tamén o entorno na totalidade do trazado do camiño que cruza a cidade. 

 

PP

  • Fomentar a creación de roteiros turísticos que destaquen os atractivos turísticos da cidade. Esto pode facerse en colaboración con guías turísticos e empresas de turismo local. Ademais, pódese incentivar a creación de roteiros temáticos, como roteiros de arte urbana, roteiros gastronómicos, roteiros históricos, entre outros.
  • Impulsar unha estratexia de turismo sostible na cidade, que promova o turismo responsable e respectuoso co medio ambiente e a comunidade local. Esto pode incluír a promoción de aloxamentos sostibles e a implementación de iniciativas para reducir o impacto ambiental do turismo na cidade, como a xestión adecuada dos residuos e a promoción de medios de transporte sostibles.

 

PSdeG-PSOE

  • Creación do Observatorio de Turismo e promoción do turismo congresual e de feiras e dos grandes eventos deportivos
  • Potenciación da marca Pontevedra Capital Gastro, que segue a xerar o turismo gastronómico da cidade, así como a presenza en feiras turísticas que permitan dar a coñecer o noso destino e a realización de Fam Trips e campañas con blogueiros.

 

Cidadáns

  • Reorganización dos organismos municipais para que sexan proactivos na actividade turística.
  • Propoñemos ensalzar a figura de Casimiro Gómez e o seu legado, a través dunhas rutas e da conservación dos restos do balneario de 1906, mentres estudiamos a súa reconstrucción e total habilitación. Ademais concordaremos a colaboración co Santuario das Aparicións como atractivo turístico e de peregrinación, como sucede con Fátima, en Portugal.

 

Podemos

  • Catálogo/censo municipal de comercios e empresas do sector turístico, talleres artesáns... cos datos de contacto e información dos seus productos e servizos.
  • Simplificación administrativa e mellora regulatoria para facilitar a promoción de ferias e eventos e a comercialización.