Tino Domínguez centra esta entrega de 'El club da esquina' en cancións da década dos 70. Inclúe entre outras, voces e temas como os de All Stewart e ' Year of the cat' ou Lynyrd Skynyrd con 'Sweet home Alabama'... E do panorama musical extrae unha formación que puxo nome a un movemento musical e cultural daquel momento, o rock andaluz dos Triana; ou a canción que identifica a transición española á democracia, 'Libertad sin ira' de Jarcha.