O Pontevedra CF segue dando pasos para dar forma ao seu planteal para a próxima tempada 2024-2025. O club chegou a un acordo para renovar o contrato de Yelko Pino.
O centrocampista vigués, que chegou á disciplina granate hai tres anos, ampliou a súa vinculación co Pontevedra durante dúas tempadas máis.
Así o confirmou o propio club, que celebra alcanzar esta renovación.
Pino foi un dos homes indiscutibles no once de Yago Iglesias durante esta última tempada, na que disputou 38 partidos e marcou nove goles.
A renovación da media punta, que era un dos trece xogadores que finalizaban contrato en xuño, chega apenas seis días despois de confirmarse a continuidade de Álex González, que afrontará o seu noveno curso consecutivo no Estadio Municipal de Pasarón.