Yago Iglesias: "Volver a San Lázaro e velo de granate será o máis bonito de todo"

Pontevedra
12 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

Catro xornadas restan de tempada e dentro do Pontevedra Club de Fútbol xa se empeza a notar. "A xente sabe o momento no que estamos. É un grupo moi alegre e ten moi bo rolo e a verdade é que se nota aínda máis. O ambiente é máis distentido, xa falta pouco para cumprir os obxectivos", recoñeceu este venres en rolda de prensa Yago Iglesias.  

Grada de Pasarón no partido entre Pontevedra e Marino de Luanco Cristina Saiz

Catro xornadas restan de tempada e dentro do Pontevedra Club de Fútbol xa se empeza a notar. "A xente sabe o momento no que estamos. É un grupo moi alegre e ten moi bo rollo e a verdade é que se nota aínda máis. O ambiente é máis distentido, xa falta pouco para cumprir os obxectivos", recoñeceu este venres en rolda de prensa Yago Iglesias. 

E é que o obxectivo do ascenso está xa un pouco máis preto para o conxunto granate, que por suposto viaxa a Santiago coa idea de "sumar de tres sen ter que pensar no que fan os demais".

De feito, o Pontevedra chegará á súa cita contra o Compostela (domingo, 16:30 horas) sabendo o resultado entre Ourense e Coruxo (sábado, 18:00 horas) e, aínda que se trata "dun partido máis", un empate ou unha derrota do cadro ourensán beneficiaría con fartura os granates.

A pesar diso, Yago Iglesias di que "temos que centrarnos no noso e illarnos, seguir a folla de roteiro que levamos ata a data e non volvernos tolos".

En canto ao choque en Santiago e o desprazamento masivo da afección granate, o adestrador recoñeceu que "estamos a sentir que vai haber movemento. Sempre que xogamos preto fixéronse sentir".

"Será un duelo bonito, é un derbi que cumpre moitos requisitos para chamar a atención. Por historia, polos nomes dos clubs... Ao principio de tempada daban aos dous equipos como favoritos para aspirar a todo, ademais estamos nun momento da tempada con moitos alicientes", engadiu. Neste caso, para Iglesias, "volver a San Lázaro e velo de granate será o máis bonito de todo".

Ademais, "non vai ser un partido nada fácil", admitiu o técnico. "Teñen un persoal longo e de moitísimo nivel estea quen estea. Cando viñeron aquí tiñan baixas, entraron outros xogadores e custounos moitísimo", lembrou.

Por iso, pese ao cambio de adestrador "o persoal é a que é. Non vemos nomes a nivel individual senón que analizamos o colectivo e o club en si. Nas últimas dúas semanas cambiaron a dinámica e vánnolo a poñer complicado".