Yago Iglesias, tras o empate ante o Compostela: "Cando perdoas, págalo"

Pontevedra
08 de setembro 2024

O empate do Pontevedra Club de Fútbol fronte ao Compostela sentou como un xerro de auga fría á parroquia granate, especialmente tras un partido no que o equipo dominou e tivo os tres puntos no peto. "Cando perdoas, págalo", lamentou o técnico Yago Iglesias na rolda de prensa ao finalizar o encontro, sinalando que a falta de contundencia e a incapacidade de pechar o partido foron claves no resultado final

 

Yago Iglesias, no partido de liga entre Pontevedra e Valladolid Promesas en Pasarón Cristina Saiz

O empate do Pontevedra Club de Fútbol fronte ao Compostela sentou como un xerro de auga fría á parroquia granate, especialmente tras un partido no que o equipo dominou e tivo os tres puntos no peto. "Cando perdoas, págalo", lamentou o técnico Yago Iglesias na rolda de prensa ao finalizar o encontro, sinalando que a falta de contundencia e a incapacidade de pechar o partido foron claves no resultado final.

Valorou a saída ao Vero Boquete San Lázaro como "complicada" a pesar de que o seu equipo dominou en todas as facetas e fixo sufrir ao seu rival ata o minuto 70 de xogo, cando o Pontevedra "desaparece do terreo de xogo" e non sabe defender a vantaxe. "O partido estaba para nós e a parte cruel do fútbol é que non somos capaces de gañar duelos directos, de ser contundentes na área e o empate vén na última xogada do partido", recoñeceu Iglesias.

O adestrador tamén recoñeceu que tras o primeiro gol do Compstela, o Pontevedra perdeu o control do balón e non foi capaz de defenderse con el. Tamén fallaron os duelos individuais dos xogadores e, como o equipo local non tiña nada que perder, envorcouse no xogo máis directo, algo que terminou descolocando aos granates. "Somos un equipo que recibe un golpe aínda tendo o partido controlado e fainos moito dano. Temos que crecer niso xa, desde esta xornada. Evidentemente queda moito por diante, pero temos que solucionalo canto antes tanto a nivel táctico como individual", indicou.

"O Compos pareceume un equipo moi agresivo, tentounos buscar e en ningún momento púidonos conter. Na primeira parte o equipo estivo espectacular e na segunda faltounos mordente. Os ciclos do xogo non son algo illado, perdemos dous puntos porque defendemos mal ou porque non estivemos acertados no plano ofensivo", sinalou Yago, quen cre que a xogada do 2-2 é "un lance do xogo que non podemos controlar. O Compos compite e considera que é unha perda de tempo, iso teno que manexar o árbitro".

Finalmente, o adestrador granate apuntou que o equipo debe mellorar neste tipo de situacións e o plan de partido "ten que levar a machada. Se deixas que o equipo rival abra as situacións, vemos que se nos vai a poñer complicado. A realidade é que nesta categoría, cando os equipos van por detrás optan por estas opcións e aí está o noso crecemento, ou en matar o partido antes ou en defender mellor cando nos fagan iso", concluíu.