O primeiro partido da tempada do Pontevedra CF deixou unha de cal e outra de area no combinado granate.
A parte positiva lévalla a vitoria, porque os de Lérez levaban "tres ou cuartos anos sen empezar a liga gañando" e a negativa alesión de Héctor Hernández, que todo apunta a que "non vai ser cousa dunha ou dúas semanas", sinalou o técnico Yago Iglesias.
É precisamente no momento no que Héctor retírase cando o Valladolid "dá un paso adiante, mete dúas puntas e empeza a xogar máis directo", analizou Iglesias. "Quedo co Pontevedra ata ese momento, aínda que aínda hai que coller ritmo de competición e hai unha longa marxe mellora", indicou.
En canto ao partido, recoñeceu que o seu equipo, con "un once recoñecible respecto a a tempada pasada" afundiu ao rival e meteuno en campo contrario cando normalmente "sempre sae valente e a dominar" e destacou certas individuais como as de Iago Novo, un xogador "de moita calidade con características asociativas".
Dixo Iglesias ademais que aínda que ao seu Pontevedra gústalle xogar "con extremos puros e encaradores, este ano é un pouco variante con perfís individuais para completar o colectivo. Todo o equipo estivo ben para ser o primeiro partido de liga, creo que fixemos moitas cousas e tamén hai cousas que mellorar. Ao final sumar de tres é fundamental, sobre todo cando a tempada pasada perdemos ese primeiro partido en casa... Era importante quitar esa espinita", recoñeceu.
Finalmente, #ante a ausencia de Javi Fontán na convocatoria, o técnico admitiu que padece unha lumbalxia, o xoves adestrou pero non se atopaba cómodo e optou por telo parado."Esperamos poder contar con el para esta semana. No momento que estea con posibilidades será de convocatoria".