O Pontevedra Club de Fútbol e Yago Iglesias chegaron a un acordo para prolongar o contrato do técnico por unha tempada máis.
Así o confirmou este venres o director deportivo granate, Charles Dias, asegurando que a continuidade do ribeirense "era nuestra primera opción".
"Creemos entre todos que es la mejor opción para llevarnos dónde como mínimo el club tiene que estar, que es la Primera RFEF. Tenemos que darle la confianza a él y a los jugadores para intentar ascender", explicou Charles defendendo que "no hemos conseguido el objetivo pero en momentos de la temporada hemos estado muy bien".
Yago seguirá acompañado do que foi o seu staff esta última tempada.
"Ahora tenemos que sentarnos y ver lo que va a ser la próxima temporada", avanzou o responsable da dirección deportiva asegurando que o primeiro será tratar as renovacións dos futbolistas que acaban contrato.
CHURRE E BORJA DOMÍNGUEZ, PRIMEIROS RENOVADOS
Neste sentido, e aínda que acababan a súa vinculación co Pontevedra a final de camnpaña, dous xogadores renovaron xa cos granates ao activarse unha cláusula dos seus contratos para engadir un ano extra sen depender do ascenso, como ocorría no caso doutros futbolistas. Trátase de Víctor Vázquez 'Churre' e de Borja Domínguez, segundo revelou Charles Dias.
Con eles dous pasan a ser nove os futbolistas confirmados para a próxima campaña, ao engadirse a Edu Sousa, Manu Vizoso, Garay, Samu Mayo, Chiqui, Dalisson e Charly López.