Yago Iglesias: "O equipo empeza a asimilar certas cousas. Sacamos conclusións para seguir traballando"

Pontevedra
30 de xullo 2023

O adestrador do Pontevedra valora positivamente o primeiro partido de preparación do seu equipo, pese ao resultado final. "Na primeira parte creo que estivemos moi ben", defende

Yago Iglesias, no seu primeiro adestramento co Pontevedra Cristina Saiz

O adestrador do Pontevedra Club de Fútbol, Yago Iglesias, valorou positivamente o primeiro partido de preparación dos seus, a pesar do avultado resultado final (1-5 fronte ao Racing de Ferrol).

"Levamos unha semana escasa de adestramento, unha semana e tres días, contra un rival dúas categorías superior e con moito máis tempo de adestramento", contextualiza o técnico.

Por iso "sabiamos que ía ser moi esixente polo nivel do rival pero sacamos conclusións para seguir traballando", asegura.

"Creo que o equipo empeza a asimilar certas cousas, na primeira parte creo que estivemos moi ben, pero na segunda evidentemente viuse esa diferenza de nivel", explica Yago.

A proba serviu ademais como "unha primeira toma de contacto para coñecer aos xogadores a nivel individual en competición".

A próxima cita na pretempada granate terá lugar o vindeiro mércores 2 de agosto, esta vez si contra un rival do seu mesma categoría como o Coruxo, no Vao.