Yago Iglesias: "Isto é unha aprendizaxe, estamos na xornada 3 e estamos obrigados a crecer como equipo"

Pontevedra
15 de setembro 2024

O adestrador do Pontevedra Club de Fútbol, Yago Iglesias, valorou a derrota fronte ao Numancia na rolda de prensa posterior ao encontro, no que o conxunto granate caeu por 2-0. Iglesias destacou que o seu equipo nunca chegou a sentir cómodo sobre o terreo de xogo, especialmente durante os primeiros 20 minutos, onde o equipo local adiantouse no marcador. "O Numancia foi máis contundente e entrou moito mellor ao partido", sinalou

Yago Iglesias, no partido de liga entre Pontevedra e Valladolid Promesas en Pasarón Cristina Saiz

O adestrador do Pontevedra Club de Fútbol, Yago Iglesias, valorou a derrota fronte ao Numancia na rolda de prensa posterior ao encontro, no que o conxunto granate caeu por 2-0.

Iglesias destacou que o seu equipo nunca chegou a sentir cómodo sobre o terreo de xogo, especialmente durante os primeiros 20 minutos, onde o equipo local adiantouse no marcador. "O Numancia foi máis contundente e entrou moito mellor ao partido", sinalou.

"Sabiamos que nos iamos a atopar un Numancia moi físico, que nos ía a obrigar a estar moi precisos na circulación de balón e empregarnos no xogo directo máis de contacto no que non estamos afeitos", analizou o técnico. 

O adestrador explicou que o partido comezou a inclinarse a favor do Numancia nos primeiros 20 minutos, cando se adiantou no marcador. Despois o 2-0 ao fío do descanso foi un xerro de auga fría e "pecha todas as nosas posibilidades. Se chegamos ao descanso con 1-0, na segunda parte teríamos competido mesmo doutra maneira", lamentou.

E é certo que o Pontevedra deu un paso adiante na segunda metade tras o 2-0, pero Iglesias recoñeceu que foi insuficiente. "Demos un paso adiante e viuse o que somos, pero o Numancia defendeu perfectamente a súa renda de dous goles", afirmou. "É un equipo feito para pelexar por todo, cun perfil de xogadores diferente aos nosos. Son dous estilos totalmente diferentes. Eles son máis intensos e verticais, nós somos máis de combinar, asociarse e buscar sempre chegar a portería rival en situacións controladas. Hoxe, nese duelo, o Numancia foi mellor", subliñou.

Sobre a formulación defensiva do Numancia, Iglesias foi claro: "Plantexaron unha marcaxe individual a todo campo. Queriamos crear situacións de vantaxe cos nosos xogadores máis determinantes, pero os atacantes recibían sempre cun xogador do Numancia encima. Nos controis e os pases había unha marca e pouco espazo para manobrar", indicou. 

Finalmente, Yago Iglesias ve o encontro como unha oportunidade de aprendizaxe: "Sabiamos que iamos a atopar este perfil de partido, pero a realidade é que non atopamos solucións para contrarrestalo. Isto é unha aprendizaxe, estamos na xornada 3 e estamos obrigados a crecer como equipo. Imos coa sensación de que temos moitas cousas que axustar, pero tamén moito marxe de mellora", concluíu, engadindo que é mellor ter este partido agora que máis adiante na tempada.