Xornada vital para as aspiracións do Cisne coa visita do Villa de Aranda ao Municipal

Pontevedra
22 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

O club pontevedrés buscará un triunfo este sábado (18.30 horas) no Pavillón Municipal dos Deportes que lle devolva aos postos de play-off de ascenso

Partido de liga entre Cisne e Ciudad Real no Municipal Cristina Saiz

Tocado pero non afundido. O Club Cisne quere recuperarse da polémica derrota encaixada en Málaga e da eliminación da Copa do Rei na visita este sábado (18.30 horas) ao Pavillón Municipal dos Deportes do Villa de Aranda.

Trátase de todo un rival directo por entrar no play-off de ascenso, do que saíron o pontevedreses pero que está a só un punto de distancia, o punto de máis que ten o seu próximo rival.

"É un equipo que vén en moi boa dinámica", avisa o segundo adestrador dos da Boa Vila, Quiños.

"Espéranos un partido no que teremos que madurar as accións, de tentar buscar os espazos e de superar a un porteiro que está a moi bo nivel", analiza o técnico.

O Cisne está actualmente na novena posición con 23 puntos, pero a só un do quinto posto, na encarnizada loita pola fase de ascenso, polo que calquera punto pode resultar decisivo.