Xoel Cubeiro e Alba Ortiz triunfan na cuadraxésima travesía a nado de Vilagarcía

O Salnés
29 de xullo 2024

A edición número 40 da Travesía a Nado Porto de Vilagarcía foi unha proba na que participaron máis de douscentos nadadores e nadadoras, con saída e meta no Centro de Tecnificación de Vela de Vilagarcía

Participantes na travesía a nado de Vilagarcía Concello de Vilagarcía de Arousa

Non una -a do Lérez- nin dúas -a de Tambo- senón tres -a de Vilagarcía- foron as travesías a nado que se celebraron esta fin de semana na área de influencia de Pontevedra.

A terceira delas, a edición número 40 da Travesía a Nado Porto de Vilagarcía, foi unha proba na que participaron máis de douscentos nadadores e nadadoras, con saída e meta no Centro de Tecnificación de Vela de Vilagarcía.

Os participantes afrontaron tres distancias diferentes, unha de 250 metros para os nados nos anos 2012 e posteriores, outra de 1.200 metros para os nados en 2013 e anteriores e a principal e máis longa, de 2.500 metros, para os nados no ano 2010 e anteriores. 

Na categoría raíña, o gañador foi Xoel Cubeiro, que completou a travesía en 00:32:44. Superou en 36 segundos a Pablo Gómez e en 40 segundos a Hugo López.

Entre as nadadoras, a máis rápida foi Alba Ortiz cun tempo de 00:33:46. Completaron o podio Lucía Villarnovo (00:35:24) e Paula Rodríguez (00:35:30).

Os resultados completos desta travesía pódense consultar nesta ligazón.