Xián Gutiérrez, do CR Ría de Marín, bronce no Campionato de España de Remo Olímpico

Marín
25 de xuño 2023

Unha pequena delegación de seis remeiros representaron esta fin de semana ao Club de Marín no Campionato de España de Remo Olímpico para as categorías cadete, xuvenil e absoluto, disputado na localidade de Banyoles, Girona  

O CR Ría de Marín, no Campionato de España de Remo Olímpico
O CR Ría de Marín, no Campionato de España de Remo Olímpico CR Ría de Marín

Unha pequena delegación de seis remeiros representaron esta fin de semana ao Club de Marín no Campionato de España de Remo Olímpico para as categorías cadete, xuvenil e absoluto, disputado na localidade de Banyoles, Girona.

O mellor posto para o club marinense o obtivo o cadete Xián Gutiérrez, que logrou colgarse o bronce despois dunha vibrante final na que se decidiron as medallas nos últimos metros.

A embarcación 2-CM formada por Hugo González e Xairo Rivadulla quedou décima, mesma posición que conseguiu Níobe Barreiro, en skiff CF.

No caso dos xuvenís, tanto Breogán Fariña como Saioa Iglesias non conseguiron entrar na final.

Esta foi a derradeira proba da tempada para estas categorías, pero non para o resto de remeiros do clube, que competirán nas vindeiras fins de semana nos Campionatos Galego e de España das categorías benxamín, infantil e veteranos.